EXPERIMENTAMOS NAS SESIÓNS

Antes de chegarmos á derradeira sesión, a do vindeiro 31 de maio, o curso deseñado e conducido por Silvia, Nuria e Cristina levounos desde estratexias de creación e dinámica de grupos (o branco e a diana, o folio xiratorio), de estructuración do traballo cooperativo (división e reparto de roles, obxectivos colectivos e compromisos persoais), pasando por unha avaliación inicial (emprego de cuestionarios KPSI) e reflexións in medias res (paradas de 3’) ata a fase da catalización da actividade concreta en si e análise a posteriori (buscando mediante, por exemplo, outros cuestionarios KPSI atopar pros e contras da metodoloxía utilizada para así modificar no futuro o que se precise mudar). Para a realización desa actividade concreta adentrámonos no ámbito das TIC coñecendo diversos tipos de ferramentas e recursos cibernéticos como o blog (en especial, Blogger) e Google Drive, aplicacións como Post-it e Padlet (posta en común de ideas), EasellyPicCollageThinglinkPicplayspot e Genially (confección de infografías), Poplet e Mindmodo (mapas mentais e esquemas), ImageChef (nube de palabras), Generadordegraficos (deseño de gráficos), Typorama (composicións fotográficas), SmuleAudacity e Grabadora (gravación de son e creación de bases de audio), StopmotionVideoscriptImovie e Vivavideo (edición de vídeos). Con parte destes ingredientes o noso grupo de traballo, os TicTacNautas, tivo o pracer de levar a cabo unha serie de actividades: unha infografía de tema culinario titulada “Arroz á cubana”, un rap con letra dun poema do homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, Carlos Casares, e un vídeo, creado coa técnica Stopmotion, de tema ecoloxista no que se lles dá a palabra ós animais para reivindicar un planeta libre de elementos artificiais tóxicos. Finalmente encargóusenos deseñar unha actividade ligada a estándares das respectivas materias dos integrantes do grupo (latín, inglés e historia) seguindo un proceso de confección coas seguintes fases:
1.- Identificación: aquí rexistraríanse ítems como o do título da tarefa, a etapa, nivel e área de aplicación, o profesorado implicado, a descripción da tarefa, a súa xustificación e o seu contexto.
2.- Concreción curricular: trataríase de especificar a relación da actividade co(s) estándar(es) do currículo e o(s) instrumento(s) de avaliación implicados.
3.- Transposición didáctica: recompilaríanse nunha grella as actividades (ideas previas e motivación, traballo cooperativo, base de producto final…) e os exercicios deseñados (presentación de imaxes, KPSI individual, reflexión sobre o cuestionario, mostras de modelos, breve introducción sobre o concepto de traballo cooperativo, distribución de roles, establecemento de obxectivos…).

Comentarios

Entradas populares de este blog

INTRO