PEQUENA REFLEXIÓN
Ó REMATE DO CURSO
QUE ENTENDÍN?
A axeitada
aplicación educativa das TIC por medio de metololoxías principalmente significativas e cooperativas e a promoción de novos contextos de aprendizaxe e contrucción
do coñecemento dan como resultado as TAC.
A implementación de actividades integradas
utilizando as TAC require de alta capacidade de planificación, un excelente grao de coñecemento de ferramentas e recursos tecnolóxicos, e unha
migalliña de imaxinación e creatividade.
Tales
actividades cómpre que estean ligadas á realidade
próxima á vida d@s estudantes e ás súas preferencias e aspiracións.
QUE ME PREGUNTO?
Está esta
metodoloxía tan contrastada e comprobada como para considerala válida e óptima
para todo tipo de alumnado? Consegue nunha alta porcentaxe concitar o agrado, o
compromiso e o entusiasmo (as célebres tres
E das que fala no seu método Renzulli)?
Lógrase na
meirande parte dos casos adecuar a aplicación das tarefas deseñadas e
integradas coas TAC ó currículo que se nos impón desde a administración?
QUE APRENDÍN?
Con este curso
tiven contacto con outras estratexias para traballar de xeito cooperativo,
coñecín novos recursos informáticos que poden “enganchar” ó alumnado e facer
máis vistosas as presentacións dos productos finais, amais de cobrar
consciencia da liberdade de aplicación dos estándares sen as restriccións que
moitas veces, por inercia, nos establecemos ó usar o manual dunha determinada
editorial.
Finalmente
quero agradecer a oportunidade que me brindou este curso no só para coñecer
novas perspectivas no eido da educación senón tamén novos compañeiros, en especial
os que comigo integraron o grupo TicTacNautas (Héctor, Roberto e Marta) e as
relatoras Nuria e Silvia xunto coa coordinadora Cristina. Grazas a todos. E
como seica se dicía en latín, salvete!
Comentarios
Publicar un comentario