Entradas

Imagen
PEQUENA REFLEXIÓN Ó REMATE DO CURSO QUE ENTENDÍN? A axeitada aplicación educativa das TIC por medio de metololoxías principalmente significativas e cooperativas e a promoción de novos contextos de aprendizaxe e contrucción do coñecemento dan como resultado as TAC. A implementación de actividades integradas utilizando as TAC require de alta capacidade de planificación , un excelente grao de coñecemento de ferramentas e recursos tecnolóxicos, e unha migalliña de imaxinación e creatividade . Tales actividades cómpre que estean ligadas á realidade próxima á vida d@s estudantes e ás súas preferencias e aspiracións. QUE ME PREGUNTO? Está esta metodoloxía tan contrastada e comprobada como para considerala válida e óptima para todo tipo de alumnado? Consegue nunha alta porcentaxe concitar o agrado, o compromiso e o entusiasmo (as célebres tres E das que fala no seu método Renzulli )? Lógrase na meirande parte dos casos adecuar a aplicación das tarefas des

ENTRANDO EN FARIÑA: WHERE THERE IS A WILL, THERE IS A WAY

Imagen
Xa está aquí o momento de presentar a  formulación xeral da estructura dun proxecto  que tería como obxectivo nuclear o  coñecemento de parte do patrimonio histórico e artístico da rexión xeográfica  na que o alumnado de  Cultura Clásica de 3º/4º ESO  habita (o noroeste da península ibérica) a través dos conceptos de “ CAMIÑO” e “CIDADE” . Trataríase dunha actividade na que se podería procurar a implicación de docentes de departamentos didácticos distintos ó de Latín-Grego-Cultura Clásica, como os de Xeografía e Historia (que incluiría Arte), Idiomas modernos (Galego, Castelán, Inglés e Francés para a elaboración de trípticos informativos en diversas linguas), Física (explicación de conceptos de física na construcción de estradas como estructuras, materiais...), Matemáticas (números romanos), Educación Física (preparación física, alimentación). Daquela, estamos diante dunha tarefa focalizable nunha disciplina ou ben multiárea. INTRODUCCIÓN 1.       TRABALLO DO CONTIDO Esta ac

EXPERIMENTAMOS NAS SESIÓNS

Antes de chegarmos á derradeira sesión, a do vindeiro 31 de maio, o curso deseñado e conducido por Silvia, Nuria e Cristina levounos desde estratexias de creación e dinámica de grupos (o  branco e a diana , o  folio xiratorio ), de estructuración do traballo cooperativo (división e reparto de roles, obxectivos colectivos e compromisos persoais), pasando por unha avaliación inicial (emprego de cuestionarios KPSI) e reflexións  in medias res  (paradas de 3’) ata a fase da catalización da actividade concreta en si e análise  a posteriori  (buscando mediante, por exemplo, outros cuestionarios KPSI atopar pros e contras da metodoloxía utilizada para así modificar no futuro o que se precise mudar). Para a realización desa actividade concreta adentrámonos no ámbito das TIC coñecendo diversos tipos de ferramentas e recursos cibernéticos como o blog (en especial,  Blogger ) e  Google Drive , aplicacións como  Post-it  e  Padlet  (posta en común de ideas),  Easelly ,  PicCollage ,  Thingli

INTRO

Asistimos desde hai uns anos no eido educativo á inqueda proliferación de enfoques, ópticas, perspectivas, conceptos (amais dos nomes que a eles se refiren e os adxectivos que os implementan : Flipped Classroom , B-learning , E-learning ,  Gamification ...) que saturan a mente d@ docente ata tal punto que con frecuencia remata refuxiándose no método de sempre, o mnemotécnico, o da clase maxistral, sen moitas veces (querer) decatarse de que os tempos mudan a unha velocidade de gigabyte , de auténtica vertixe. Ola a tod@s. Sonvos Manu Ares, un currante da docencia que teima un día sí e outro tamén (esperando non morrer no intento) por inocular en hipocampos cabeludos xuvenís a consciencia do legado grecorromano no mundo actual. Hai exactamente un mes e un día (aínda que isto soa a réxime carcelario, xúrovos que non ten nada que ver, ó contrario) iniciei, xunto a unha fornada de compañeir@s, un novo curso presencial no CFR de Vigo co título de "As TAC  (non as TIC, aleluia!)