ENTRANDO EN FARIÑA: WHERE THERE IS A WILL, THERE IS A WAY
Xa está aquí o momento de
presentar a formulación xeral da estructura dun proxecto que
tería como obxectivo nuclear o coñecemento de parte do patrimonio
histórico e artístico da rexión xeográfica na que o alumnado de Cultura
Clásica de 3º/4º ESO habita (o noroeste da península ibérica) a través
dos conceptos de “CAMIÑO” e “CIDADE”. Trataríase dunha actividade na que
se podería procurar a implicación de docentes de departamentos didácticos
distintos ó de Latín-Grego-Cultura Clásica, como os de Xeografía e Historia
(que incluiría Arte), Idiomas modernos (Galego, Castelán, Inglés e Francés para
a elaboración de trípticos informativos en diversas linguas), Física
(explicación de conceptos de física na construcción de estradas como
estructuras, materiais...), Matemáticas (números romanos), Educación Física
(preparación física, alimentación). Daquela, estamos diante dunha tarefa
focalizable nunha disciplina ou ben multiárea.
INTRODUCCIÓN
1. TRABALLO DO CONTIDO
Esta actividade de APRENDIZAXE BASEADA EN
PROBLEMAS (ABP) proponlle ó alumnado a preparación dun itinerario adecuado para
realizar unha viaxe de fin de semana, partindo dunha das cidades presentadas de
orixe romana. Para realizar esta actividade, primeiro hai que resolver as
seguintes cuestións :
o Recoñecemento
das cidades.
Os alumnos deben investigar a que
cidades e elementos romanos corresponden as fotos propostas. Neste caso, a primeira foto relaciónase con
Braga. A segunda foto ilustra as murallas de Lugo. Por último, a terceira foto
corresponde a Astorga.
o Elección
dunha das cidades como punto de partida da excursión.
Os alumnos investigarán as
posibilidades que ofrece cada cidade e a elección desta será decidida por cada
grupo, atendendo ás variables que consideren importantes. Como orientación
indicamos algunhas variables que se poden ter en conta:
·
Calidade dos monumentos e a súa conservación.
·
Número de monumentos e xacementos.
·
Distancia e comunicación coa nosa cidade de
orixe.
·
Posibles actividades que se ofrecen.
·
Outras cidades ou xacementos romanos da zona.
Os alumnos argumentarán a súa
elección e iniciarán a preparación dun itinerario a partir da cidade elixida.
o Proposta
de itinerario de viaxe.
Os alumnos prepararán un
itinerario coas cidades e monumentos que se van visitar, no que indicarán tamén
o horario de viaxe e as actividades programadas que ofrecen os centros
visitados, ademais dalgunha actividade que poida preparar o grupo de clase.
o Relación
entre as cidades propostas.
Esta tarefa de ABP propón que os alumnos
pescuden tamén as relacións que se establecen entre as cidades propostas. Que
relación existe entre Lugo, Braga e Astorga?
2.
TRABALLO
DO PROCESO
Antes de comezar a realización de
calquera aprendizaxe baseada en problemas, é moi conveniente ter en conta estas
consideracións previas:
a) Organizar
a clase en grupos.
b) Explicar
ós alumnos o uso do portafolio do equipo. Todos os materiais que vaian
elaborando ó longo da súa investigación deberán arquivalos nun cartafol, é
dicir, terán que levar un rexistro de todo o desenvolvemento do seu traballo,
seguindo unha estrutura similar a esta:
1)
Portada: presentación do alumno ou grupo.
2)
Índice: elementos do portafolio e a súa
organización.
3)
Introducción: visión xeral, obxectivos e
procedementos.
4)
Evidencias: documentos, experiencias e
traballos.
5)
Autoavaliación: reflexión sobre a aprendizaxe e
o traballo en grupo.
6)
Plan de mellora: conclusións e cambios para o
próximo traballo.
Os alumnos
deben saber tamén que todo o traballo do portafolio será avaliado polo profesor
ó finalizar a investigación proposta.
c) Explicar
en que consiste a técnica de metacognición denominada “diario de reflexión”.
Trátase dun caderno no os alumnos deben consignar o que pensan sobre a súa
forma de aprender. Esta reflexión pode realizarse sobre un destes aspectos: que
aprenderon, como o fixeron, que relacións estableceron cos demais ou as
emocións que sentiron.
3. ESTÁNDARES APLICABLES
Os estándares curriculares que entrarían en
xogo nesta actividade serían estes distinguindo diversos ámbitos:
o
HISTORIA
CCB2.2.3. Elabora eixes cronolóxicos en que se representen
fitos históricos salientables, consul-tando ou non fontes de información.
CCB2.3.1. Explica a romanización de Hispania e Gallaecia,
describindo as súas causas e delimitando as súas fases.
CCB2.3.2. Enumera, explica e ilustra con exemplos os aspectos
fundamentais que caracterizan o proceso da romanización de Hispania e
Gallaecia, sinalando a súa influencia na historia posterior do noso país.
CCB4.4.1. Describe as características, os principais
elementos e a función das grandes obras públicas romanas, explicando e
ilustrando con exemplos a súa importancia para o desenvolvemento do Imperio e a
súa influencia en modelos urbanísticos posteriores.
CCB4.5.1. Localiza nun mapa os principais monumentos
clásicos do patrimonio español e europeo, identificando a partir de elementos
concretos o seu estilo e súa cronoloxía aproximada.
o
LINGUA
CCB6.4.2.Describe a evolución das linguas romances a
partir do latín como un proceso histórico, explicando e ilustrando con exemplos
os elementos que evidencian do xeito máis visible a súa orixe común e o
parentesco existente entre elas.
CCB6.8.1. Explica os procesos de evolución dalgúns termos
desde o étimo latino ata os seus respectivos derivados nas linguas romances,
describindo algúns dos fenómenos fonéticos producidos e ilustrándoos con outros
exemplos.
CCB6.8.2. Realiza evolucións do latín ó galego e ó castelán
aplicando as regras fonéticas de evolución.
o
PERVIVENCIA NA ACTUALIDADE
CCB7.1.1. Sinala e describe algúns aspectos básicos da
cultura e a civilización grecolatina que perviviron ata a actualidade,
demostrando a súa vixencia nunha e noutra época mediante exemplos.
CCB7.3.1. Enumera e explica algúns exemplos concretos nos
que se pon de manifesto a influencia que o mundo clásico tivo na historia e as
tradicións do noso país.
B7.4.1. Utiliza as tecnoloxías da información e a
comunicación para recabar información e realizar traballos de investigación
acerca da pervivencia da civilización clásica na nosa cultura.
FASES do PROXECTO
Selección do tema e
formulación da(s) pregunta(s) guía
Formación dos equipos
Definición do
producto ou reto final
Planificación
Investigación
Análise e a síntese
Elaboración do
producto
Presentación do
producto
Resposta colectiva á
pregunta inicial
Avaliación e
autoavaliación
DESENVOLVEMENTO
1. TEMA:
O TRIÁNGULO VIARIO AUGÚSTEO NA GALLAECIA ROMANA: per angusta ad augusta.
Elaboración dun ITINERARIO ENRIQUECIDO PARA UNHA SAÍDA DIDÁCTICA
Elaboración dun ITINERARIO ENRIQUECIDO PARA UNHA SAÍDA DIDÁCTICA
2. IMAXES e CUESTIONARIO
CATALIZADORES:
- KPSI: preguntas iniciais guía
Que
coñecedes do legado que deixou Roma na nosa cultura? Eran os romanos moi
diferentes a nós? Credes que o Imperio romano axudou ó progreso da península
Ibérica / Arco Atlántico / Galicia ou non? Que cidades destes lugares teñen unha herdanza
significativa de Roma? Que monumentos realizados polos romanos nos son moi
familiares? Coñeces como se constrúe hoxe unha estrada e como se facía nos tempos romanos? Sabedes cal é o trazado das principais vías de comunicación en España e Portugal na actualidade? E daquela nas antigas Hispania e Gallaecia? Cres que pode haber algunha relación entre ambos os dous trazados? Que ruta poderiamos realizar nunha fin de semana para ver importantes restos romanos no sector noroccidental da península ibérica?
II. FORMACIÓN DOS EQUIPOS
Organízanse grupos de tres ou catro alumnos de
diferentes trazos para que haxa diversidade de perfís e cada un desempeñe un
rol distinto. Pódense usar estratexias como o blanco e a diana e/ou o
folio xiratorio.
III. DEFINICIÓN DO PRODUCTO OU RETO FINAL
1. DESCRICIÓN
DO PROBLEMA
Na clase de Cultura
Clásica formamos unha comisión de traballo para organizar unha viaxe de fin de semana polo cadrante noroccidental
da península ibérica co obxectivo de coñecer algunhas cidades e monumentos
relacionados co legado cultural romano.
Para iso debemos
ter en conta as seguintes cuestións:
• As fotos (e/ou os vídeos) de elementos
romanos que contemplamos ó comezo desta tarefa están relacionadas entre si? A
que é debido?
• Unha destas cidades debe ser o punto de
partida da nosa excursión e, a partir dela, continuar o percorrido para coñecer
outros elementos culturais ou cidades relacionados. Que cidades romanas
visitaremos na nosa viaxe?
2. OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE
Ó realizar esta
ficha, o alumnado tratará de conseguir os seguintes logros:
1. Coñecer en profundidade algunhas das cidades
fundadas por Roma no noroeste da península ibérica.
2. Valorar a importancia do legado romano para
a nosa cultura.
3. Ser capaces de valorar distintas variables e
tomar decisións de maneira obxectiva.
4. Mellorar o traballo en grupos cooperativos.
IV. PLANIFICACIÓN: Como vai traballar o alumnado?
PROCESO DE TRABALLO
|
TEMPORIZACIÓN
|
METODOLOXÍA
|
Presentación e
análise dos datos, preguntas iniciais e imaxes.
|
Sesión 1
|
Para a análise
do problema na súa globalidade podemos recorrer ó faro de pensamento: percibo, penso, practico.
|
Confección
dunha rede de ideas.
Detección de
coñecementos e necesidades: que sabemos e que deberiamos saber.
|
A rede de ideas
pode desenvolverse a partir dun mapa
mental que terá en conta todos os contidos posibles do tema.
|
|
Repartición de
tarefas dentro do grupo.
Procura e
selección de información.
Iníciase o
diario de reflexión.
|
Sesión 2
|
A repartición
de tarefas realizarase dentro do grupo de traballo.
A procura de
información farase de maneira individual, consultando varias fontes.
|
Posta en común
da información e breve titoría co profesor.
|
Sesión 3
|
Para a posta en
común, pódese utilizar a estrutura cooperativa cabezas xuntas numeradas de Spencer Kagan
|
Aplicación do
aprendido na elaboración da solución ó problema.
Complétase o
diario de reflexión.
|
Sesión 4
|
Exporase e
acordarase unha única solución á cuestión exposta. Seleccionaranse unhas
cidades, un itinerario e unhas visitas e actividades.
|
Presentación da
solución acadada.
|
Sesión 5
|
Presentación
expositiva da ruta, cos lugares que se van a visitar. Pódese utilizar Google
Earth.
|
Finalízase o
diario de reflexión.
Móntase o
portafolio.
Autoavaliación
e avaliación do grupo.
|
Sesión 6
|
Rúbricas de
avaliación e portafolio.
|
V. INVESTIGACIÓN: Con que recursos se pode investigar?
Libros de texto de Cultura Clásica.
Apuntes de clase.
Recursos TIC: Powerpoint, Genially, Prezi,
etc.
Ligazóns externas [O docente
actuará como CURATOR]
VI. ANÁLISE E A SÍNTESE
Chegou o momento
de que o alumnado poña en común a información recompilada, compartan as súas
ideas, debatan, elaboren hipóteses, estruturen a información e busquen entre
todos a mellor resposta á pregunta inicial.
Uso de apps para mapas mentais, esquemas...
VII. ELABORACIÓN DO
PRODUCTO
Apps diversas: infografías, vídeos...
VIII. PRESENTACIÓN DO PRODUCTO: Como se vai presentar a
investigación? Entregaranse tres documentos diferentes:
- Un portafolio do proceso de todo o grupo. Aquí arquivarase todo o material que se elaborou ó longo da investigación: mapa mental, esquema de detección de coñecementos, información básica, recursos empregados, rúbricas de avaliación...
- O diario de reflexión, que é individual, onde se reflectirá que se está a aprender, de que maneira, se lle axuda ó alumnado facelo en grupo, etc.
- Unha presentación da solución, nun programa tipo Powerpoint, Genially ou Prezi. Aquí haberá que incluír a información máis relevante da investigación (datos, mapas…), os argumentos de solución ó problema e outras achegas que se consideren oportunas.
IX. RESPOSTA COLECTIVA Á
PREGUNTA INICIAL
X. AVALIACIÓN E AUTOAVALIACIÓN: ¿Como se vai avaliar a
investigación?
Cada alumn@ terá catro notas, de acordo con esta
táboa:
Avaliación
do proceso
|
Avaliación
da presentación
|
||||
Portafolio
de equipo |
30
%
do total |
Profesor,
o 20 %
|
Arquivo
Powerpoint, Genially
ou similar
|
25
%
do
total
|
Profesor
|
Autoavaliación
grupal, o 10 %
|
|||||
Diario
de reflexión |
20
%
do
total
|
Profesor
|
Exposición oral
|
25
%
do
total
|
Profesor,
o 15 %
|
Compañeiros,
o 10 %
|
|||||
RÚBRICA PARA O ALUMNADO

Comentarios
Publicar un comentario